Guangdong Southern Tigers

Guangdong Southern Tigers
Información xeral
Nome Guangdong Hongyuan Southern Tigers (广东宏远华南虎)
Liga CBA (Sur)
Alcume Southern Tigers
Fundación 1993
Cores           Azul, branco
Presidente República Popular da China Grupo Guangdong Hongyuan
Adestrador Lituania Jonas Kazlauskas
Localización
Cidade República Popular da China Dongguan, China
Pavillón Centro Deportivo Dongguan
Capacidade 16.133
Inauguración 31 de agosto de 2014
Campionatos
Liga 8 (2004, 2005, 2006, 2008, 2009, 2010, 2011, 2013)
winnerway.163.com

Os Guangdong Hongyuan Southern Tigers (chinés simplificado: 广东宏远华南虎, chinés tradicional: 廣東宏遠華南虎) ou Guangdong Southern Tigers, tamén coñecidos por motivos de patrocinio como Guangdong Dongguan Bank, son un equipo profesional de baloncesto da China con sede na cidade de Dongguan (Guangdong). O club é propiedade do Grupo Guangdong Winnerway (Hongyuan). Os Southern Tigers son un dos equipo máis exitosos da Chinese Basketball Association (CBA), máxima competición do baloncesto chinés, tendo gañado até oito títulos de liga, récord só igualado polos Bayi Rockets. Tamén son o único equipo que foi capaz de disputar todos os play-offs polo título da CBA desde a súa fundación en 1995. O equipo xoga os seus partidos como local no Centro Deportivo Dongguan, recinto con capacidade para 16.133 espectadores. Ocasionalmente, por motivos publicitarios, o equipo xoga algúns partidos como local noutras cidades do Delta do Río da Perlas como Zhongshan ou Zhuhai.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy